6/05/09

LollipopGirl continúa!


Páxina de descartes, que habitualmente non amoso, pero creo que neste caso é interesante, esas imaxes que finalmente non utilicei.

Página de descartes, que habitualmente no muestro, preo creo que en este caso es interesante, esas imágenes que finalmente no utilicé.






Entre viaxes e traballos isto quedou un pouco esquecido. LollipopGirl continúa en proceso, aproveitando eses pequenos espacios de tempo sen traballo duro.

Entre viajes y trabajos esto se ha quedado un poco olvidado. LollipopGirl continúa en proceso, aprovechando esos pequeños espacios de tiempo sin trabajo duro.

14/04/09

Colombia

Despois de case dous meses sen novas, encóntrome de visita en Colombia. Xa estiven en Bogotá, onde a diferencia do que un pensaría dun lugar tropical, non vai nin frío nin calor (estando a 2600 metros de altura o calor tropical desaparece). Tamén estiven en Montería, lugar de calor tropical. Xa vin iguanas e monos salvaxes (e eu de turista a tirar fotos). Estou a probar un monte de pratos diferentes. Por estrano que poida parecer, os plátanos (unha variedade diferente dos que comemos como postre en europa) fritos están deliciosos Noutra ocasión contarei mais cousas.

Después de casi dos meses sin noticias, me encuentro de visita en Colombia. Ya estuve en Bogotá, donde, a diferencia de lo que uno pensaría de un lugar tropical, no hace ni frío ni calor (estando a 2600 metros de altura el calor tropical desaparece). También he estado en Montería, lugar de calor tropical. Ya vi iguanas y monos salvajes (y yo, cual turista, sacando fotos). Estoy probando un montón de platos diferentes. Por extraño que pueda parecer, los plátanos (una variedad diferente de los que nos comomemos como postre en Europa) fritos están deliciosos. En otra ocasión os contaré más cosas.



Un mono nun parque... uoooh!

Un mono en un parque...¡uoooh!

A razón de que estea a engordar.

La razón de que esté engordando.

Foto cursi.




Nos últimos tempos estiven a facer bocetos e cadros:

En los últimos tiempos estuve haciendo bocetos y cuadros:


Bocetos libres

Bocetos na universidade.

Páxina de LollipopGirl

Cadros en proceso.




Vémonos!

¡Nos vemos!

7/02/09

Xaneiro con Juana / Enero con Juana



Últimamente non hai moito que contar. Veu Juana dende Colombia e quedou comigo en Salamanca durante un mes. Neste tempo paseamos, fixemos excursións e mesmo pinteina. Agora toca esperar ata Abril, cando vaia eu a Colombia.

Saúdos para todos!

Últimamente no hay mucho que contar. Vino Juana desde Colombia y se quedó conmigo en Salamanca durante un mes. Durante ese tiempo paseamos, hicimos excursiones e incluso la pinté. Ahora toca esperar hasta abril, cuando vaya yo a Colombia.

¡Saludos a todos!

16/01/09

Avances en BD / Avances en Cómic.

Houbo sorte! Na categoría de BD dentro do concurso "Nuevos creadores" de EspacioJoven Salamanca fun premiado en segundo lugar, cun traballo chamado La muñeca de Sofía, baseado na poesía en portugués de Adília Lopes A boneca de Sofia. Estas son as páxinas:

¡Hubo suerte! En la categoría de cómic dentro del concurso "Nuevos creadores" de EspacioJoven Salamanca fui premiado en segundo lugar, con un trabajo llamado La muñeca de Sofía, basado en una poesía en portugués de Adília Lopes A boneca de Sofia. Éstas son las páginas:




Como vedes



Lollipop Girl continúa en proceso:






Vémonos!

¡Nos vemos!

22/12/08

¡Findesemana en Lisboa!




























Pasei o findesemana do 12 ao 15 de Decembro en Lisboa. Unha visita para "matar saudades" e tentar saudar ós amigos e amigas que deixei alí. Pasear por unha cidade na que vivín tantas cousas e da que teño tantas lembranzas foi algo maravilloso. Ademáis estiven con moitos amigos! Preparáranme cenas e merendas!Foi moi bonito. As únicas cousas algo tristes, que fixo mal tempo e que quedaron algúns (poucos) amigos por ver.

Pasé el findesemana del 12 al 15 de Diciembre en Lisboa. Una visita para "matar saudades" e intentar saludar a los amigos y amigas que dejé allí. Pasear por una ciudad en la que viví tantas cosas y de la que tengo tantos recuerdos fue algo maravilloso. Además, ¡estuve con muchos amigos! ¡Me prepararon cenas y meriendas! Fue muy bonito. Las únicas cosas algo tristes: hizo algo de mal tiempo y me quedaron algunos (pocos) amigos por ver.
A viaxe foi fantástica! estiven nunha festa na facultade (algo que nunca pasaría en España...)

Se queredes ver máis fotos da viaxe:
http://www.new.facebook.com/album.php?aid=50865&l=82c50&id=734081143
ou en
http://www.flickr.com/photos/xermanico/

¡El viaje fue fantástico! Estuve en una fiesta en la facultad (algo que nunca pasaría en España...)

Si queréis ver más fotos del viaje:
http://www.new.facebook.com/album.php?aid=50865&l=82c50&id=734081143
o en
http://www.flickr.com/photos/xermanico/

Algúns traballos da facultade: un cadro en proceso, o boceto previo e dúas pequenas paisaxes.

Algunos trabajos de la facultad: un cuadro en proceso, el boceto previo y dos pequeños paisajes.

16/11/08

Recapitulación

Despois do forte ataque aos preconceitos e prexuizos do universo artístico, agora toca recapitular. A arte moderna per-se cos seus diferentes xéneros non ten nada de malo. Ten grande interese e ainda que hai aberracións (o famoso caso do can deixado morrer nunha instalación artística) non deixa de ser un mundo de conteúdos apaixoantes. O texto, se cadra algo visceral da semana pasada non ten tanto que ver sobre que é ou debe ser a arte, senón sobre a arbitriaridade dos sue valores e pola libertade que iso debería significar (e que rara vez significa). Non duvidaba da arte que hai na modernidade e nas novas formas de arte que esta trouxo. Era un desafogo polo menosprecio a aqueles que non seguen ou dan prioridade claramente a tódolos principios desa modernidade.
Na mesma, non creo que a posición de desprezo a todo o que ten a modernidade sexa mais correcta. Vivir no pasado como reacción ou desprezo ás novas formas artísticas é outro erro. Se unha persoa prefire seguir unha tradición artística, como é a figuración, o realismo pictórico, iso ten que sair non como ataque ó novo, senon como expresión persoal dun mesmo. A arte non é un mundo dun só camiño nin dun só punto de chegada. É amplisimo.

Se ser un debuxante de banda deseñada non é demasiado artístico porque non plasma tódolos valores do que é artístico, eu non serei demasiado artístico desde ese punto de vista. A frase "non quero ser artista" non é mais que a negación e a defensa contra unha inxerencia ideolóxica allea a min, que non trata de me axudar, senon de me adoctrinar nunha determinada forma artística.

Sen mais dilación, os últimos traballos:

25x30 aprox: 30 minutos.

30x35cm. 50 min aprox
30x35cm. 50 min aprox.
Bocetos.


Autorretrato con espello. É duro pintarse a un mesmo, tes que estar parado e ao mesmo tempo traballando.

9/11/08

Artista? Podes seguir buscando.

Un é víctima do tempo e do lugar onde vive. Os valores, a paisaxe, o ambiente fannos como somos. A medición das cousas que facemos está feita cuns valores en boga. A arte é parte diso. Saíndo do que opina a xente que rara vez tense aproximado á arte, hoxe hai unha serie de valores no noso tempo cos que se mide a creación artística. Ainda que hai algúns que varían moito de persoa a persoa e dun lugar a outro, hai outros que no noso tempo son maioritarios. O primeiro deles é a orixinalidade. Se cadra é porque un mundo no que vive tanta xente pode crear moitas cousas de calidade ao mesmo tempo e é por iso que é necesario un plus. O outro é a valentía ou rebeldía. Ainda que a nosa visión do mundo e da historia é miope, hai un pensamento que apareceu na época das revolucións: a ruptura co pasado como valor de creación, que é relativamente recente, se pensarmos na longa historia da humanidade. Ainda que nun principio é rexeitado pola maioría, a rebeldía é vista no pasado como algo positivo e por iso ten que ser aplicado no presente.
Ainda que a habitualmente a calidade ainda continúa a ser unha parte importante no traballo, estes dous valores anteriores (tendo un deles como componente importante ao outro), agora teñen un valor superior ao mencionado agora.

¿Que pasa cando no ámbito da creación unha persoa decide invertir estes valores ata o punto de deixar aos primeiros case na mínima expresión?

Xa nos tempos de Roma, na idade media, e durante moito tempo, a innovación só era valorada cando a calidade estaba no máximo nivel. Nese sentido non sería algo contranatura.

Tamén está o concepto de profundidade e de seriedade. Isto é case constante nos últimos séculos. Exceptuando a Mozart e algúns outros, poucas veces a visión optimista o superficial (polo menos na apariencia) das cousas tivo recoñecemento duradeiro no ámbito da cultura.

¿O que acontece se a mesma persoa de antes decide tamén xogar cunha profundidade menor?

Despois, indo a ambientes mais determinados como o que me rodea, pode haber unha valoración moi grande da espontaneidade, da expresividade, do subconsciente emerxendo nun proceso libre e desatado, que amosa incomprensión ou mesmo desprezo polo traballo metódico e planificado por ser innimigo/contrario desa espontaneidade.

¿E se eu quero ser metódico e planificado?

Ao non responder a uns valores arbitrarios que definen a calidade da arte, o meu traballo, que segue outros valores igual de arbitrarios habitualmente non atinxe as calidades do que é unha verdadeira obra de arte segundo a xente do meu redor.

Mais divertida é se cadra a relación admiración-desprezo que existe en moitas persoas con respecto aos que como eu traballamos dende un metodismo e cunha técnica de "realista" ou "figurativa". Admiran a calidade técnica que non teñen (e que con sinceridade non é necesaria para facer cousas admirables) pero desprezan a falta dos valores que son necesarios noutro tipo de obras e que entran nun difícil equilibrio con ese "realismo". Se cadra moitos deles, se estivesen realmente seguros do seu camiño, non precisarían de aplicar os seus valores a algo que está moi lonxano (ainda que non tanto) do que eles fan.

Para min iso xa non importa, porque eu non serei artista, serei aquel que pinta/debuxa/ou calquera outra cousa.

Hai tempo que non busco por o meu nome na historia da arte, hoxe case nin quero que me misturen con ela.

Non son nin pretendo ser: expresivo, rompedor, valente, crítico, postmoderno, profundo ou vangardista.
E se algún día eu quixese selo daría igual, porque son valores arbitrarios, intercambiables. Quen persiga os valores que eu menciono, que disfrute deles e que o faga, pero que non mos veña pedir a min.

Mentres, son ese de alí que pasa o tempo a pintar cousas ou a contar historias (que poden ser perfectamente as historias de outros) con debuxos. Collerei cousas de artistas pasados ou presentes, pero é mellor que non se enganen, porque artista, eu non son. E polo de agora non me interesa ser.