11/07/10

Entretanto...


Páxinas de proba de fantasía.

Páginas de prueba de fantasía.

As clases de portugués tiñan momentos... algo aburridos. Polo menos cun bolígrafo e un espacio en branco detrás da fotocopia dos exercicios ou lecturas que a profesora nos daba poiden debuxar cousas: obxetos, compañeiros, xestos, a profesora...

Las clases de portugués tenían momentos... algo aburridos. Por lo menos, con un bolígrfo y un espacio en blanco detrás de la fotocopia de ejercicios o de lectura que la profesora nos daba pude dibujar cosas: objetos, compañeros, gestos, a la profesora...

02/07/10

Reflexión anual (I)


(Mañana colgaré la versión en castellano)

Reflexión sobre o ano que pasou.

Hai quen di que o ano comeza en xaneiro (administrativamente se cadra), pero para min, emocionalmente acaba en Xuño ou en Xullo e, despois dun verán que rompe o ritmo, comeza o ano en setembro (tan propio de estudiante, non si?). Cada vez que volto á casa en verán penso e tento sacar, tirar cousas do ano: que aprendín, onde errei, que foi ben ou mal, etc.

Deste ano saquei en claro:

1)Calquer prexuízo, preconcepto ou tópico rexional é estúpido e inútil. Son pequenas mentiras para xustificar de forma arrogante un desprecio inxusto. De que sirve que che digan que un galego é traballador e un andaluz folgazán se acabas por encontrar un galego que vive do conto e un andaluz que só vive para traballar. Dos cataláns hai quen di montes de parvadas. Todas mentira. E ós cataláns hai quen lles di que o resto do mundo os odia... tamén mentira. O contexto onde un vive é o que pode marcar algunhas diferencias xerais entre persoas de sitios diferentes (debido á adaptación a un medio), non tanto a "esencia cultural" da que falan aqueles que creen que a multiculturalidade é positiva só cando "está en contacto, pero non se mistura". Creo que a pureza da cultura é como a pureza da raza: unha parvada. Os nacionalismos/patriotismos (porque son a mesma cousa) non son bos ou malos, son graves,menos graves ou demasiado graves. O individuo é o que importa, non o que supostamente podemos intuir do seu aspecto ou orixe. E isto, por evidente que pareza, é algo que a maioría da xente non aplica.

2)Prefiro apostar e errar a pensar mal e non arriscar. Hai xente que cando non entende algo pensa mal. aplican aquilo de "piensa mal y acertarás". Ás veces penso que "piensa el ladrón que todos son de su condición" é mais válido, pero non sempre. Este ano, por momentos fun suspicaz, facilmente desconfiado. Creo que foi un erro. Cando deixei de se-lo comecei a ver o mundo con outros ollos. Recibín paus, porque o que non espera maldade, cando a recibe ven de súpeto e doi mais. Ainda así, prefiro pensar que a maioría da xente, ainda que podéndose enganar ou facer algo incorrecto algunha vez, merece a pena. Apesar de todo. Apesar da importante cantidade de xente falsa que encontrei este ano e que só ó final vin claramente todo o falsos que eran.

3)Por iso, tamén hai que ver con quen merece a pena perder o tempo. Sempre pensei que é preferible tentar unaha amizade coa xente que che rodea, ainda que non haxa moito en común. Pero creo que, sen descartar a ninguén por algunha impresión superficial, se hai que escoller, é mellor apostar pola xente que transmite respeito e aprecio de forma mais natural.

4)Non hai que ser nin superficial nin aceptar os prexuízos de outros. Un snob é quen desprecia o que non está no seu círculo de intereses e que cren que o que lles gusta é o máximo. Podo ser soberbio por momentos, pero odio o snobismo. Ós que lean isto, que saiban que no momento que estea a parecer un snob prefiro sabelo, en voz alta. Isto non quere dicir que lle vaia dar a razón a alguén que di unha estupidez para non abrumar con aburridos argumentos. A pose de infeliz e escuro será interesante para os que queren parecer mais intelixentes, pero eu creo que a verdadeira intelixencia é ser feliz.

5)A humildade útil non é tentar parecer menos do que un é, e tentar non parecer máis ou tentar parecer ós demais menos do que son. Baixar a alguén da burra non é ser pedante. Non querer baixar é ser soberbio. E isto vale de ida (para os demais) como de volta (para un mesmo).