03/12/10

Work in progress / Sketches / Manga!


Ó tempo que continúo a traballar noutras cousas,  vou facendo experimentos e outras cousas para variar. Pasaran 7 anos aproximadamente dende a última vez que fixera algo manga. É irónico que o manga, que foi o culpable de que eu debuxase e de que ainda hoxe lexa tantos cómics, que foi o estilo co que comecei a debuxar comics tendo en mente que quería adicarme a iso, sexa hoxe en día un dos estilos que menos practico. E non será porque non me guste, é mais ben cuestión de que meu corpo pide outras cousas. Despois de tanto tempo no que só de cando en vez fixera algun garabato manga, decidín facer unha ilustración. Aínda non está acabada e a pesar do punto manga, tamén nótase que os recursos moitos deles non son os propios da estética. É igual, estou a pasalo ben. E aprendendo cousas. Pronto a veredes acabada.

Al mismo tiempo que continúo trabajando en otras cosas, voy haciendo experimentos y otras cosas para variar. Han pasado 7 años aproximadamente desde la última vez que hice algo manga. es irónico que el manga, que fue el culpable de que dibujase y de que aún hoy lea tantos cómics, que fue el estilo con el que comencé a dibujar cómics teniendo en mente que me quería dedicar a ello, sea hoy en día uno de los estulos que menos practico. Y no erá porque no me guste, es más bien cuestión de que mi cuerpo me pide otras cosas. después de tanto tiempo en el que sólo de vez en cuando había hecho algún garabato manga, decidí hacer una ilustración. Aún no está acabada y a pesar del punto manga, también se nota que muchos de los recursos utilizados no son propios de esa estética. Da igual, me lo estoy pasando bien. Y aprendiendo cosas. Pronto la veréis acabada.

Debuxo a tinta/Dibujo a línea.

Grises con rotulador copic.

 Bocetos de estilo mais ou menos manga para ir vendo como facer.


Bocetos de estilo más o menos manga para ir viendo cómo hacer.



 Bocetos nun caderno, apuntes do natural, ideas para ilustracións...
Bocetos en un cuaderno, apuntes del natural. ideas para ilustraciones...

25/11/10

Actualizando.

Novo deseño para a páxina, novo cabeceiro e versión final desta ilustración. Opinade!


Nuevo diseño para la página, nuevocabecero y versión final de esta ilustración. ¡Opinad!


10/11/10

Warrior Girl II

Unha ilustración para a Escola Joso que, despois dalgúns retoques, será o novo cabeceiro deste blog. Abaixo, diferentes versións e un boceto previo.

Una ilustración para la Escola Joso que, después de algunos retoques, será el nuevo cabecero de este blog. Abajo, diferentes versiones y un boceto previo.





05/11/10

Comic Again!



As cousas estanse a mover. É só cuestión de esperar e perseverar. Entretanto, unha ilustración.

Las cosas se están moviendo. Es sólo cuestión de esperar y perseverar. Mientras tanto, una ilustración.

28/10/10

Escultura...¿abandonada?


Hai un ano comecei unha estatua, é pequena, do tamaño dun puño pechado. A cuestión é que despois de dous ou tres días traballando nela, tiven que centrarme noutras cousas (páxinas de BD, tan queridas...) e fun deixándoa para tempos mellores. Pasou un ano e aí está, á espera de ser rematada. Creo que nas próximas semanas tentarei ir acabándoa... (ou non, depende do traballo, claro). Pode que ata sexa util para cuestións de iluminación para os comics...


Hace un año comencé una estatua pequeña, del tamaño de un puño cerrado. La cuestión es que después de o tres días trabajando sobre ella, tuve que centrarme en otras cosas (páginas de cómic, tan queridas...) y la fui dejando para tiempos mejores. ha pasado un año y ahí está, esperando ser acabada. Creoq ue en las próximas semanas intentaré acabarla 8o no, depende del trabajo, claro). Puede que incluso sea útil para cuestiones de iluminación para los cómics...




Por outra banda, estou feliz, hai uns días, o blog acadou 10000 visitas (desde que puxen o contador hai algo mais dun ano). Hai visitas de moitos lugares, cousa que realmente tenme feliz. Por iso quería saudar á xente de lugares tan lonxanos como Brasil, Perú, México, Arxentina, EEUU ou Ecuador (entre outros) e outros cercanos como diferentes lugares de España, Portugal e Italia, e agradecervos as visitas e o interese. Moitas gracias!

Por otro lado, estoy feliz, ya que hace unos días el blog alcanzó las 10000 visitas (desde que puse el contador hace alg más de un año). Hay visitas de muchos lugares, cosa que realmente me alegra. Por eso quería saludar a la gente de lugares tan lejanos como Brasil, Perú, México, Argentina, EEUU o Ecuador (entre otros) y otros cercanos como diferentes lugares de España, Portugal e Italia, y agradeceros las visitas y el interes. ¡Muchas gracias!

25/09/10

Nu frontal / Desnudo frontal.


Óleo.

Homenaxe ó director Satoshi Kon, recentemente falecido, lembrando un dos seus filmes: Perfect Blue.

Homenaje al director Satoshi Kon, recientemente fallecido, recordando una de sus películas: Perfect Blue.

16/09/10

14/09/10

14-S


Mudamos de tema, para variar. Polo dagora os superherois descansan.

Cambiamos de tema, para variar. Por el momento los superhéroes descansan.

31/08/10

Pintura vacacional.

Entre páxina e páxina de bd vou pintando algún cadriño. Este está en proceso. As dúas primeiras imáxenes corresponden á primeira sesión e a terceira á segunda sesión. Por variar un pouco.

Entre página y página de cómic voy pintando algun cuadrito. Éste está en proceso. Las dos primeras imágenes corresponden a la primera sesión y la tercera a la segunda sesión. Por variar un poco.

11/07/10

Entretanto...


Páxinas de proba de fantasía.

Páginas de prueba de fantasía.

As clases de portugués tiñan momentos... algo aburridos. Polo menos cun bolígrafo e un espacio en branco detrás da fotocopia dos exercicios ou lecturas que a profesora nos daba poiden debuxar cousas: obxetos, compañeiros, xestos, a profesora...

Las clases de portugués tenían momentos... algo aburridos. Por lo menos, con un bolígrfo y un espacio en blanco detrás de la fotocopia de ejercicios o de lectura que la profesora nos daba pude dibujar cosas: objetos, compañeros, gestos, a la profesora...

02/07/10

Reflexión anual (I)


(Mañana colgaré la versión en castellano)

Reflexión sobre o ano que pasou.

Hai quen di que o ano comeza en xaneiro (administrativamente se cadra), pero para min, emocionalmente acaba en Xuño ou en Xullo e, despois dun verán que rompe o ritmo, comeza o ano en setembro (tan propio de estudiante, non si?). Cada vez que volto á casa en verán penso e tento sacar, tirar cousas do ano: que aprendín, onde errei, que foi ben ou mal, etc.

Deste ano saquei en claro:

1)Calquer prexuízo, preconcepto ou tópico rexional é estúpido e inútil. Son pequenas mentiras para xustificar de forma arrogante un desprecio inxusto. De que sirve que che digan que un galego é traballador e un andaluz folgazán se acabas por encontrar un galego que vive do conto e un andaluz que só vive para traballar. Dos cataláns hai quen di montes de parvadas. Todas mentira. E ós cataláns hai quen lles di que o resto do mundo os odia... tamén mentira. O contexto onde un vive é o que pode marcar algunhas diferencias xerais entre persoas de sitios diferentes (debido á adaptación a un medio), non tanto a "esencia cultural" da que falan aqueles que creen que a multiculturalidade é positiva só cando "está en contacto, pero non se mistura". Creo que a pureza da cultura é como a pureza da raza: unha parvada. Os nacionalismos/patriotismos (porque son a mesma cousa) non son bos ou malos, son graves,menos graves ou demasiado graves. O individuo é o que importa, non o que supostamente podemos intuir do seu aspecto ou orixe. E isto, por evidente que pareza, é algo que a maioría da xente non aplica.

2)Prefiro apostar e errar a pensar mal e non arriscar. Hai xente que cando non entende algo pensa mal. aplican aquilo de "piensa mal y acertarás". Ás veces penso que "piensa el ladrón que todos son de su condición" é mais válido, pero non sempre. Este ano, por momentos fun suspicaz, facilmente desconfiado. Creo que foi un erro. Cando deixei de se-lo comecei a ver o mundo con outros ollos. Recibín paus, porque o que non espera maldade, cando a recibe ven de súpeto e doi mais. Ainda así, prefiro pensar que a maioría da xente, ainda que podéndose enganar ou facer algo incorrecto algunha vez, merece a pena. Apesar de todo. Apesar da importante cantidade de xente falsa que encontrei este ano e que só ó final vin claramente todo o falsos que eran.

3)Por iso, tamén hai que ver con quen merece a pena perder o tempo. Sempre pensei que é preferible tentar unaha amizade coa xente que che rodea, ainda que non haxa moito en común. Pero creo que, sen descartar a ninguén por algunha impresión superficial, se hai que escoller, é mellor apostar pola xente que transmite respeito e aprecio de forma mais natural.

4)Non hai que ser nin superficial nin aceptar os prexuízos de outros. Un snob é quen desprecia o que non está no seu círculo de intereses e que cren que o que lles gusta é o máximo. Podo ser soberbio por momentos, pero odio o snobismo. Ós que lean isto, que saiban que no momento que estea a parecer un snob prefiro sabelo, en voz alta. Isto non quere dicir que lle vaia dar a razón a alguén que di unha estupidez para non abrumar con aburridos argumentos. A pose de infeliz e escuro será interesante para os que queren parecer mais intelixentes, pero eu creo que a verdadeira intelixencia é ser feliz.

5)A humildade útil non é tentar parecer menos do que un é, e tentar non parecer máis ou tentar parecer ós demais menos do que son. Baixar a alguén da burra non é ser pedante. Non querer baixar é ser soberbio. E isto vale de ida (para os demais) como de volta (para un mesmo).

02/06/10

Final de curso perto /fin de curso cerca.


O curso está a acabar e con el o meu primeiro ano en Barcelona.

El curso se está acabando y con él mi primer año en Barcelona.

30/04/10

Devagar vaise sumando/ Lentamente se va sumando.

Achégase o salón da BD de Barcelona e vou preparando o book (o cartafol/carpeta) cos traballos. Levo ao mesmo tempo ilustracións e unhas páxinas de mostra sobre guión prototipo marvel. É un guión algo difícil de facer narrativamente correcto, pero polo menos é mais sinxelo e pracenteiro de facer que o anterior.

Se acerca el salón del cómic de Barcelona y voy preparando el book (la carpeta) con trabajos. Llevo al mismo tiempo ilustraciones y unas páginas de muestra sobre un guión prototipo marvel. Es un guión algo difícil de hacer de forma correcta narrativamente, pero por lo menos es más sencillo y placentero de hacer que el anterior.





Ó mesmo tempo estou a facer unhas ilustracións. Ainda están sen acabar (traballo varias ó mesmo tempo). Póñovos imaxes dos procesos:

Al mismo tiempo estoy haciendo unas ilustraciones. Aún están sin acabar (trabajo varias al mismo tiempo). Os pongo imágenes de los procesos:




Vémonos!

¡Nos vemos!