27/02/10

Cómic pictórico

Continúa o proxecto. Pronto mais. Non esquezades voltar por aquí.

Continúa el proyecto. Pronto más. No os olvidéis de volver por aquí.

05/02/10

Speed painting




Un traballo de dúas horas e media en clase de ilustración dixital.
Un trabajo de dos horas y media en clase de ilustración digital.

15/01/10

O ordenador como substituto / El ordenador como substituto,


Agora que vivo en Barcelona, aquilo de pintar a óleo nun piso pequeno non é algo sinxelo. Como non estou para aturar cheiros a trementina no meu cuarto e os meus compañeiros tampouco queren ser torturados no comedor (cousa bastante normal)... pois non se pinta. Pinto co ordenador... non é o mesmo pero polo menos é pintar...

Ahora que vivo en Barcelona, lo de pintar óleo en un piso pequeño no es sencillo. Como no tengo ganas de soportar el olor a trementina en mi cuarto y mis compañeros no quieren ser torturados en el comedor (algo bastante normal)... pues no se pinta. Pinco con el ordenador... no es lo mismo pero por lo menos es pinta...

16/12/09

Páxinas de proba

O primeiro, terei que me desculpar polo tempo que vai desde a ultima vez que actualicei o blog. Tiven moito traballo, moitas cousas por facer e, curiosamente, en case tres meses, nin tan sequera tiven tempo de me afacer á cidade e ter unha rutina normal. Espero que o próximo ano sexa mais proclive nese sentido. Déixovos algunhas páxinas que estou a facer para amosar a editoriais.

En primer lugar, he de disculparme por el tiempo que ha pasado desde la ultima vez que actualicé el blog. Tuve mucho trabajo, muchas cosas que hacer y, curiosamente, en casi tres meses, ni siquiera tuve tiempo para acostumbrame a la ciudad y de tener una rutina normal, Espero que el próximo año sea más proclive en ese sentido. Os dejo algunas páginas de pruebas que estoy haciendo para mostar a editoriales.






Vémonos!

!Nos vemos!

04/08/09

Traballos de verán/Trabajos de verano.

O verán vai pasando e, con calma, sigo a facer algunhas cousas. Aínda non vexo que os traballos sexan claramente profesionais, e para iso o mellor é practicar e practicar.

El verano va pasando y, con calma, sigo haciendo algunas cosas. Aún no veo que los trabajos sean claramente profesionales, y para eso lo mejore es practicar y practicar.

Cómic:


Pintura:



Carboncillo:

Despois de 4 anos sen facer unha estatua a carboncillo, tentei facer unha proba na casa. Unha recomendación, non sexades parvos coma min e traballade con papel ingres. Un papel malo e barato pode facer que o resultado sexa torpe, como o que vedes aí enriba.

Después de 4 años sin hacer una estatua a carboncillo, intenté hacer una prueba en casa. Una recomendación: no seáis idiotas como yo y trabajado con papel ingres. Un papel malo y barato puede hacer que el resultado sea torpe, como el que veis ahí arriba.