16/11/08

Recapitulación

Despois do forte ataque aos preconceitos e prexuizos do universo artístico, agora toca recapitular. A arte moderna per-se cos seus diferentes xéneros non ten nada de malo. Ten grande interese e ainda que hai aberracións (o famoso caso do can deixado morrer nunha instalación artística) non deixa de ser un mundo de conteúdos apaixoantes. O texto, se cadra algo visceral da semana pasada non ten tanto que ver sobre que é ou debe ser a arte, senón sobre a arbitriaridade dos sue valores e pola libertade que iso debería significar (e que rara vez significa). Non duvidaba da arte que hai na modernidade e nas novas formas de arte que esta trouxo. Era un desafogo polo menosprecio a aqueles que non seguen ou dan prioridade claramente a tódolos principios desa modernidade.
Na mesma, non creo que a posición de desprezo a todo o que ten a modernidade sexa mais correcta. Vivir no pasado como reacción ou desprezo ás novas formas artísticas é outro erro. Se unha persoa prefire seguir unha tradición artística, como é a figuración, o realismo pictórico, iso ten que sair non como ataque ó novo, senon como expresión persoal dun mesmo. A arte non é un mundo dun só camiño nin dun só punto de chegada. É amplisimo.

Se ser un debuxante de banda deseñada non é demasiado artístico porque non plasma tódolos valores do que é artístico, eu non serei demasiado artístico desde ese punto de vista. A frase "non quero ser artista" non é mais que a negación e a defensa contra unha inxerencia ideolóxica allea a min, que non trata de me axudar, senon de me adoctrinar nunha determinada forma artística.

Sen mais dilación, os últimos traballos:

25x30 aprox: 30 minutos.

30x35cm. 50 min aprox
30x35cm. 50 min aprox.
Bocetos.


Autorretrato con espello. É duro pintarse a un mesmo, tes que estar parado e ao mesmo tempo traballando.

5 comentarios:

darthdla dixo...

O tema de definir á arte e seus pilares sempre foi e será tema de conflicto. Amén a todo o que dis nestas dúas últimas intervencións, dende logo que razón non lle falta.

Fai pouco eu tiven que discutir porque "x" deseños novos era criticados se cubrían con creces as necesidades polas que foran proxectados. Tan só por non seguiren unha tendencia habitual ou non cubrir as expectativas do autor que as ven firmando? Dende logo que por iso non se pode deixar de considerar un obxecto ou producto un mal deseño.

O mesmo ca arte, pero levado a un extremo, pois a arte e persoal e subxectiva. Non se poden establecer uns cánons xeráis para dicir se é ou non é arte. Aqueles que o queiran facer non están máis que entrando nun absurdo mundo chamado elitismo.

An dixo...

Gosto deles...os prrimeiros teñenme un aire a un dos meus pintores favoritos...adiviñas cal, non si? saúdos e apertas meu

Ash Santos dixo...

Tantas veces falamos do mesmo tema na academia,non si?
Bótalle unha ollada a esta entrada do meu blog:

http://ynomiroanadie.blogspot.com/2008/08/el-perro-del-tuenti.html

Un ten que facer o que lle sae do peito, do cú ou do carallo. A etiqueta e algo supérfluo.

Atentamente, Alberto S. a.k.a. Kalosú

Violeta dixo...

O teu retrato non che fai xustiza, rapaz!! Ti es mais xeitosiño en persoa, hahaha... ;D
Moito trabalas, meu. Espero verte nas navidades, ó mellor xuntámonos todos pra ir de festa pola noite!!
Biquiños!!

Javier B.V dixo...

Q bonitas estas últimas pinturas ,un saludo