Un é víctima do tempo e do lugar onde vive. Os valores, a paisaxe, o ambiente fannos como somos. A medición das cousas que facemos está feita cuns valores en boga. A arte é parte diso. Saíndo do que opina a xente que rara vez tense aproximado á arte, hoxe hai unha serie de valores no noso tempo cos que se mide a creación artística. Ainda que hai algúns que varían moito de persoa a persoa e dun lugar a outro, hai outros que no noso tempo son maioritarios. O primeiro deles é a orixinalidade. Se cadra é porque un mundo no que vive tanta xente pode crear moitas cousas de calidade ao mesmo tempo e é por iso que é necesario un plus. O outro é a valentía ou rebeldía. Ainda que a nosa visión do mundo e da historia é miope, hai un pensamento que apareceu na época das revolucións: a ruptura co pasado como valor de creación, que é relativamente recente, se pensarmos na longa historia da humanidade. Ainda que nun principio é rexeitado pola maioría, a rebeldía é vista no pasado como algo positivo e por iso ten que ser aplicado no presente.
Ainda que a habitualmente a calidade ainda continúa a ser unha parte importante no traballo, estes dous valores anteriores (tendo un deles como componente importante ao outro), agora teñen un valor superior ao mencionado agora.
¿Que pasa cando no ámbito da creación unha persoa decide invertir estes valores ata o punto de deixar aos primeiros case na mínima expresión?
Xa nos tempos de Roma, na idade media, e durante moito tempo, a innovación só era valorada cando a calidade estaba no máximo nivel. Nese sentido non sería algo contranatura.
Tamén está o concepto de profundidade e de seriedade. Isto é case constante nos últimos séculos. Exceptuando a Mozart e algúns outros, poucas veces a visión optimista o superficial (polo menos na apariencia) das cousas tivo recoñecemento duradeiro no ámbito da cultura.
¿O que acontece se a mesma persoa de antes decide tamén xogar cunha profundidade menor?
Despois, indo a ambientes mais determinados como o que me rodea, pode haber unha valoración moi grande da espontaneidade, da expresividade, do subconsciente emerxendo nun proceso libre e desatado, que amosa incomprensión ou mesmo desprezo polo traballo metódico e planificado por ser innimigo/contrario desa espontaneidade.
¿E se eu quero ser metódico e planificado?
Ao non responder a uns valores arbitrarios que definen a calidade da arte, o meu traballo, que segue outros valores igual de arbitrarios habitualmente non atinxe as calidades do que é unha verdadeira obra de arte segundo a xente do meu redor.
Mais divertida é se cadra a relación admiración-desprezo que existe en moitas persoas con respecto aos que como eu traballamos dende un metodismo e cunha técnica de "realista" ou "figurativa". Admiran a calidade técnica que non teñen (e que con sinceridade non é necesaria para facer cousas admirables) pero desprezan a falta dos valores que son necesarios noutro tipo de obras e que entran nun difícil equilibrio con ese "realismo". Se cadra moitos deles, se estivesen realmente seguros do seu camiño, non precisarían de aplicar os seus valores a algo que está moi lonxano (ainda que non tanto) do que eles fan.
Para min iso xa non importa, porque eu non serei artista, serei aquel que pinta/debuxa/ou calquera outra cousa.
Hai tempo que non busco por o meu nome na historia da arte, hoxe case nin quero que me misturen con ela.
Non son nin pretendo ser: expresivo, rompedor, valente, crítico, postmoderno, profundo ou vangardista.
E se algún día eu quixese selo daría igual, porque son valores arbitrarios, intercambiables. Quen persiga os valores que eu menciono, que disfrute deles e que o faga, pero que non mos veña pedir a min.
Mentres, son ese de alí que pasa o tempo a pintar cousas ou a contar historias (que poden ser perfectamente as historias de outros) con debuxos. Collerei cousas de artistas pasados ou presentes, pero é mellor que non se enganen, porque artista, eu non son. E polo de agora non me interesa ser.
3 comentarios:
Grande texto Xermániaco!...isso atinge a maioria dos "pintores" que se expressam atrávez da figura "legivel"....Há tempos que o termo de ARTISTA deixou de ser um titulo desejável de se obter, já que em nome da ARTE muita coisa horivel tem sido feita, animais tem sido mortos em exposições e a única coisa que importa é ser transgressor! ainda que se expondo ao ridiculo...Uma arte que precisa ser explicada exaustivamente toda vez que exposta pois há tempos deixou de se relacionar com o público comum...
Apesar de iniciante e com muita coisa a aprender, pretendo trabalhar de forma legivel, acessivel a todos..e não somente aos "iniciados" em arte...Uma trabalho universal...com o vocabulário que transcende as diferenças culturais...Um trabalho de PINTOR...como os velhos mestres...Pois o tituo de ARTISTA já não é mais interessante.
Um forte abraço e sucesso
Amen Hermano
Hola Xermánico ^^
Vexo que algún problemiña debeu aparecer hai pouco que te irrtou de maneira semellante pra expresares a túa opinión nun texto tan cargado de datos, feitos e historia...
Abondame saber que aínda que non puiden pasr por falta de tempo por eiquí, tí non desaproveitachelo tempo e segues tan ben coma sempre e mellor. A túa páxina de Lollipop está moi ben, gustoume moito, e os teus cadros teñen a túa sinatura e orixinalidade, segue así porque quen a segue a consegue.
Unha aperta MOI GRANDE, kisses!!
Publicar un comentario